Vigo dará apoio ao V Congreso das Mulleres Viúvas Demócratas
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este mércores unha xuntanza con representantes do colectivo Mulleres Viúvas Demócratas de Vigo, a quen lles trasladou o apoio do Concello no congreso que organizarán o vindeiro mes de febreiro. "Destacan pola súa oposición á conxelación de pensións baixas que mantiña o goberno de Mariano Rajoy e terá o apoio do Concello", sinalou.