O goberno de Vigo esixe reforzar as pasarelas sobre a autoestrada en Teis para o paso de vehículos
Abel Caballero informou este mércores do envío dun escrito ao Ministerio de Fomento para que esixa de Audasa o reforzo dos pasos elevados sobre a autoestrada e soporten o paso dos vehículos. "Non vou permitir que mutilen unha parte da cidade", afirmou o alcalde.
A unha petición previa do goberno vigués, explicou Caballero, o Ministerio contestou que os pasos de Xorxa e Trapa son peonís, polo que o Concello procedeu a prohibir o paso dos vehículos "en atención á seguridade". Sen embargo, o rexedor recordou que por ambas pasarelas circularon vehículos durante os últimos 25 anos, con límites máximos de peso de cinco e oito toneladas delimitados polo propio Ministerio de Fomento.
Coa prohibición do paso dos vehículos por ambas pasarelas, os veciños teñen que dar un rodeo de dous quilómetros para chegar dunha parte á outra da cidade, valorou Caballero: "non vou permitir que mutilen unha parte da cidade". O rexedor require de Fomento que esixa a Audasa o reforzo dos pasos, pois "a autoestrada está obrigada a construír pasos elevados que permitan a circulación de vehículos".
"Non imos permitir que unha cidade de 300.000 habitantes quede incomunicada en dúas partes pola ineficiencia de Autopistas do Atlántico, non o imos permitir", concluíu Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes