Abel Caballero: "xa é hora de que a sanidade en Vigo mellore"
O alcalde participou na manifestación convocada polos profesionais sanitarios "para demandar mellor sanidade, mellor atención primaria e hospitalaria", unha saída "masiva" ás rúas de 37.000 persoas. Caballero agradeceu ao colectivo a súa defensa da sanidade pública viguesa e anunciou a súa presenza na concentración do 24 de xaneiro.
Caballero valorou a manifestación da tarde de onte xoves, convocada polos profesionais sanitarios da cidade e con saída no PAC de Pizarro, no antigo hospital Xeral.
"A cidade de Vigo saíu á rúa para demandar mellor sanidade, mellor atención primaria e mellor atención hospitalaria", asegurou o alcalde. Esta saída "masiva" -cifrada en 37.000 manifestantes- revela para Caballero que "xa é hora de que a sanidade en Vigo mellore".
Abel Caballero quixo facer un recoñecemento expreso aos profesionais sanitarios que convocaron a manifestación, que "defenden á cidade e aí sempre estará o alcalde de Vigo", e anunciou a súa presenza na concentración prevista para o próximo 24 de xaneiro.
Descargar todas as imaxes