Vigo dedica 2.532.000 euros ao programa de axuda familiar e contra os desafiuzamentos
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as axudas de emerxencia social para o ano 2019 para cubrir gastos de vivenda e alimentación a familias que o precisen. Amais, deu luz verde á clasificación de ofertas para obras en 31 vías municipais por un importe de 1,7 millóns de euros.
O alcalde deu conta este xoves da aprobación do Programa municipal contra desafiuzamentos e de emerxencia social para o ano 2019, destinado a cubrir os gastos de urxencia das persoas, familias ou colectivos que carecen dos recursos económicos para satisfacer as súas necesidades básicas de alimentación ou aloxamento e que ten un orzamento de 892.000 euros.
Caballero apuntou como exemplo que, nestes momentos, hai unha persoa que previsiblemente será desafiuzada no prazo dun mes, á que o Concello lle comunicou que poderá aboarlle os gastos de alugueiro unha vez que encontre un piso a través deste programa, pensado para cubrir os casos que aparezan entre cada convocatoria dos cheques sociais. Así, o Concello destina a axudar ás familias un presuposto total de 2.532.000 euros, entre o programa de emerxencia e o cheque social para vivenda, alimentos e enerxía.
Humanización de 31 vías municipais
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á clasificación de ofertas para a contratación por lotes das obras de humanización en 31 vías municipais, que empezarán nun par de semanas cun investimento de 1,7 millóns de euros. Traballarase en Beade (Rúa Cabada, Rúa Babío, Rúa Balde, Camiño Barreira), Sárdoma (Camiño Costa Peteta, Camiño Riobóo), Lavadores (Rúa Naia, Camiño Sabaxáns, Rúa Pardavila, Camiño Vello, Rúa Santa Cristina, Rúa Cortellas, Camiño Pombal), Bembrive (Rúa Segade), Cabral (Camiño Chamuscada, Rúa Becerreira, Rúa Fontiñas de Arriba, Rúa Figueiras, Avenida Santa Marina, Candeán, Rúa Rabadeira), Teis (Rúa Doutor Corbal), Coruxo (Camiño Río da Barxa, Oia, Estrada Igrexa Roteas), Alcabre (Camiño Fontes, Camiño Turido, Matamá, Rúa Manuel Cominges, Camiño Carrazóns), Valadares (Estrada da Costa), Saiáns (Baixada Praia).
Cuberta da pista deportiva de Becerreira
Tamén quedou aprobada a clasificación de ofertas para a contratación de obras de cubrición da pista deportiva do centro cultural Becerreira xa que na actualidade non hai unha zona cuberta no exterior que lle permita aos usuarios practicar deporte e que ten un orzamento de 449.000 euros. O rexedor cualificou de "complexa" a obra que supoñerá a retirada de mobiliario existente, o picado da soleira, execución de zapatas e gabias de formigón armado, instalación de cuberta, pintado das pistas deportivas...
Ademais, a Xunta de Goberlo Local deu luz verde á clasificación de ofertas para a contratación dun vehículo autoescaleira automática de salvamento en altura de 39 metros para o servizo de bombeiros, cun importe de 750.000 euros ara que "traballen nas mellores condicións" e o alcalde sinalou que se está tramitando o proxecto de substitución do abastecemento existente no tramo que comunica co Colexio San Salvador de Teis, que ten un presuposto de 53.000 euros e que "resolverá o problema da non circulación da auga na zona".