Escoitar

O Concello convida á cidade a gozar no IFEVI de Vigolandia 2018

O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentou as actividades da décimo sexta edición da festa do Nadal que se celebrará entre o 26 e o 30 de decembro con actividades de lecer e aprendizaxe para os máis pequenos da casa.

martes, 18 dec 2018
1545138109vigolandia.jpg
"A nova edición de Vigolandia vai superar as anteriores, cun impacto de 14.000 persoas", augurou Cayetano Rodríguez, concelleiro de Cultura, quen agradeceu a axuda dos colaboradores do evento para facer posible que a cita volva celebrarse.

Pola súa parte, Arsenio Prieto, director xerente do IFEVI, adiantou as novidades deste ano como un inchable de 140 metros ou un obradoiro de mini chefs para aprender a desenvolverse na cociña. Haberá tamén unha pista de obstáculos de 140 metros de longo, un wipe-out de 40 metros, un deslizador de 30 metros de largo con tobogán e ponte tibetana de 50 metros unida a una gran tirolina. A entrada custa 5 euros e pode contribuírse coa recollida de xoguetes e a entrega de alimentos non perecedoiros.

Vigolandia 2018 estará aberta desde o 26 (de 16 a 20 horas) ata o 30 de decembro (de 12 a 20 horas) e mantén aberto o certame de pintura "O Dinoseto de Nadal" no que participan 30 colexios da cidade con máis de 4.000 nenas e nenos de entre 6 e 12 años
Descargar todas as imaxes