Vigo acollerá en 2020 o Congreso Nacional de Médicos de Urxencias e Emerxencias, que prevé reunir a uns 3.500 congresistas
Vigo acollerá en xuño de 2020 o Congreso Nacional de Médicos de Urxencias e Emerxencias, un importante evento que prevé reunir a uns 3.500 congresistas de toda España. Así llo trasladou esta mañá o comité organizador ao rexedor.
Os membros do comité organizador reuníronse onte co alcalde para informarlle sobre este encontro e Caballero brindouse a colaborar con eles xa que, destacou, "trátase dun congreso de enorme envergadura que é moi benvido en Vigo tanto desde o ámbito turístico como desde o científico".
O rexedor aproveito tamén a felicitar de novo ao colectivo por "o seu excepcional traballo no Marisquiño".
Os organizadores que acudiron a esta reunión son o presidente de Semes Galicia e vicepresidente de Semes Nacional, Manuel José Vázquez; o vicepresidente de Semes Galicia e vicepresidente do comité organizador do congreso nacional, Ángel Pichel; o tesoreso de Semes e vicepresidente do congreso, Pablo Pérez; así como os doutores Antonio Casal e María Teresa Maza.
Descargar todas as imaxes