Escoitar

O Concello destina 70.000 euros a proxectos de apoio á poboación siria

Abel Caballero informou da aprobación de subvencións a ACNUR e UNICEF para o desenvolvemento de programas de apoio a refuxiados e nenos sirios. O goberno de Vigo destina 40.000 euros para os refuxiados sirios no Líbano e outros 30.000 para a vacinación e nutrición da infancia siria.

xoves, 27 set 2018
"Aí vai seguir estando Vigo, na cooperación internacional", explicou Abel Caballero en rolda de prensa logo de informar da concesión da subvención a ambas entidades. ACNUR percibe do Concello de Vigo 40.000 euros para levar adiante a protección e asistencia básica á poboación siria refuxiada no Líbano, nas zonas urbanas de Mount Lebanon. O programa procura facilitar asistencia e satisfacer as necesidades básicas -alimentación, auga, atención médica e vivenda- de máis de 1.500 persoas.

En segundo lugar, o Concello achega a UNICEF outros 30.000 euros para desenvolver o proxecto de apoio de emerxencia aos nenos e nenas afectados polo conflito en Siria, centrado na vacinación, nutrición e atención sanitaria da infancia. A cooperación prevé atender a unha poboación de 11.170 persoas.