Escoitar

O Concello principia as conversas co R.C. Celta S.A.D. para asinar un convenio que permita remodelar Balaídos

martes, 15 mai 2001
imx231.jpg
Concello de Vigo e Real Club Celta principiaron hoxe os contactos para elaborar un convenio que permita elaborar un proxecto para a remodelación do estadio municipal de Balaídos e a construcción ao seu carón dun centro deportivo e de ocio. O presidente do club, Horacio Gómez, expúxolle a súa proposta ao alcalde, Lois Pérez Castrillo, e aos voceiros dos grupos municipais.

O alcalde anunciou que o Goberno municipal acolleu favorablemente a idea de dotar dun novo estadio á cidade e de remodelar toda a área de Balaídos creando instalacións deportivas e de ocio e máis espacios de uso público.

Para concretar máis a proposta, Celta e Concello negociarán os términos dun convenio no que se especificarán as condicións nas que se poderá executar ese proxecto. Lois Castrillo comunicoulle a Horacio Gómez que calquera proposta deberá incluír a construcción dunhas novas pistas de atletismo que conten co beneplácito dos atletas vigueses. Así mesmo, o Concello quere que no convenio se recolla cal vai ser a participación do Concello no proxecto, xa que a Administración municipal é a propietaria dos terreos. Outro aspecto que se deberá incluír nese documento é o sistema de protección do río Lagares.
Descargar todas as imaxes