Entrega do premio de narrativa Álvaro Cunqueiro
Antón Riveiro Coello, coa a obra “ Homonim@”, é o gañador da quinta edición do premio de narrativa Álvaro Cunqueiro que convocan conxuntamente os concellos de Vigo e Mondoñedo. O premio entregarase esta tarde por parte do alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, no Pazo Museo “ Quiñones de León”.
O número de traballos presentados nesta edición foi de 49 . O premio que se entrega hoxe corresponde á convocatoria de 1999.
O premio de narrativa “ Álvaro Cunqueiro” creouse no ano 1991 a través dun convenio entre os concellos de Vigo e Mondoñedo. O premio ten carácter bianual cunha dotación económica de dous millóns de pesetas.
O gañador desta edición Antón Riveiro Coello é natural de Xinzo de Limia e reside en Boiro. Galardonado con varios premios ten publicado a novela curta Valuiria ( Premio Camilo José Cela 1993), as novelas longas, A historia de Chincho Antela ( Premio Manuel García Barros de nocela-accésit-1997) e A quinta de Saler ( finalista no X Premio de narrativa Torrente Ballester 1998). Tamén publicou os libros de relatos Parque Central ( 1996), Animalia ( Premio Café Dublín de Narrativa 1999) e diversas publicacións colectivas Airadas de Palabras ( que recolle os premios galardoados no certamen Manuel Murguía de narrativa curta), Premios Pedrón de Ouro ( de diversos anos), e múltiples relatos en revistas de literatura. Está a piques de saír o seu primeiro poemario Anatomía da dor.
Os gañadores das anteriores edicións foron Xesús Rábade Parede coa obra “ Branca Do Loboso” (1991): Alfonso Alvarez Cácamo coa obra “ Xente de Mala Morte” ( 1993): Xavier Lama López coa obra “ Os moradores da Nada” ( 1995) e Mª del Pilar Jimenez Aleixandre coa obra “ A Compañía Clandestina de Contrapublicidade” ( 1997).
O xurado da V edición do Premio da Narrativa Alvaro Cunqueiro formáronno Francisco Fernández del Riego, Presidente da Real Academia Galega: Dario Villanueva Prieto, Rector Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela: Marina Mayoral, catedrática de Literatura da Universidade Complutense: Anxo Tarrío Varela, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e Dolores Vilavedra Fernández, profesora da Universidade de Santiago de Compostela.