O alcalde pide consumo responsable de auga para prepararse ante a posibilidade dun outono seco
Abel Caballero informou este martes de que os estados de ocupación das dúas presas que abastecen de auga en Vigo atópanse en valores superiores á media, pero aínda así solicitou á cidadanía consumo responsable ante a posibilidade dun outono seco.
"Quero pedir á cidade consumo responsable de auga, temos que estar preparados por se temos un outono seco, xa que sabemos que a Xunta non vai a axudar a Vigo". Así referiuse este martes o alcalde, Abel Caballero, á situación actual dos embalses que abastecen a cidade e a súa comarca.
Segundo os últimos datos, o embalse de Eiras atópase a un 93 por cento de ocupación cando en agosto de 2017 estaba ao 85%. Pola súa banda, en Zamáns a cifra sitúase no 85%, sendo hai un ano do 77%. "É moi boa noticia, pero temos que estar preparados, porque temos que curarnos en saúde", sinalou o rexedor.
A media dos últimos dez anos a principios do mes de agosto está no 88,5 por cento de ocupación en Eiras, polo que a principal presa que abastece a Vigo presentan a día de hoxe uns cinco puntos máis altos. Caballero lembrou que está pendente a realización do transvase de emerxencia.