O Concello organiza unha nova edición da "Noite Branca" con 39 visitas guiadas e 11 concertos
Abel Caballero avanzou este luns a programación dunha nova edición da "Noite Branca". A cita cultura celebrarase o vindeiro sábado, 11 de agosto, na Rede Museística e Expositiva do Concello de Vigo cun total de 39 visitas guiadas e 11 concertos en 12 puntos diferentes de actividades.
O alcalde de Vigo avanzou este luns que a Concellería de Cultura promove un ano máis o programa cultural "A Noite Branca", que se desenvolverá este sábado 11 de agosto, dende as 20:00 ás 02:00 h. "Contará de novo cunha grande afluencia e será sen dúbida un novo éxito de público", destacou Abel Caballero.
Esta iniciativa, que comezou hai seis anos, ten como principal obxectivo poñer en valor o patrimonio da nosa cidade á vez que desenvolve unha manchea de actividades nos centros que forman parte da Rede Museística e Expositiva do Concello de Vigo (Pazo-Museo "Quiñones de León", Verbum-Casa das Palabras, Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego", Casa Galega da Cultura, Casa das Artes, MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo); todo nun horario amplo, procurando maiores atractivos para a cidadanía viguesa e para as persoas que visitan a cidade nestas datas.
Ao igual que no ano anterior, súmanse a esta iniciativa os xacementos arqueolóxicos do Castro e o Centro de Interpretación do Mundo Romano (Toralla), dependentes da Concellería de Patrimonio Histórico, a "Sede Afundación Vigo" (a través do centro Naturnova) e o Museo do Mar de Galicia.
Fiel á súa filosofía de gratuidade, sustentabilidade e participación, "A Noite Branca" volve cunha oferta intensiva e diversificada, que obriga á escolla nunha noite de verán chea de vitalidade e xente nas rúas e nos diferentes espazos.
Sempre baixo o prisma de vinculación entre os espazos e as intervencións musicais, nesta sexta edición tanto a cidadanía como as persoas que nos visitan nestas datas, poderán gozar de concertos en espazos como a Casa das Artes, o Xacemento Arqueolóxico do Castro, o Museo "Quiñones de León", o xardíns históricos de Castrelos ou o Verbum; ademais, haberá propostas musicais ao aire libre na rúa do Príncipe, arredor do Marco, e na praza da Princesa. Visitas guiadas, obradoiros participativos, interactividade, concertos, exposicións e a ampliación do horario co fin de potenciar, tanto nos equipamentos do centro da cidade coma na periferia, o desenvolvemento de actividades para todo tipo de público relacionadas coas coleccións e as exposicións.
Visitas guiadas, concertos e obradoiros
En total serán 39 visitas guiadas convencionais, lúdicas, con representacións, obradoiros; 11 concertos musicais coa Orquestra Vigo 430, Gabriel Gasio, DAGDA, Red Vita, Katerina Linke, Proxecto Vermeer, Nastasia Sürcher, Cherry Sweet Band, Marlene Rodrigues&Nuno Fernandes e Aldaolado; 12 puntos de actividade, con ampliación de aperturas, exposicións permanentes e 9 exposicións temporais.
Ademais, na planta baixa e exteriores do Verbum terá lugar o programa "Os Tres Tempos", no que se presentarán os traballos de varios artistas internacionais, galegos e vigueses, que abarcan dende a poesía á arte e á danza, divididos nos tres tempos do verbo: presente, pasado e futuro. No referente á poesía, Raquel Lima (Lisboa), Samuel L. París (Santiago de Compostela), Marcos de la Fuente (Vigo), Nuria Vil e Charles Rapante (Vigo), Jose Lameiras e David Cid —M.D.S.— (Ourense) recitarán os seus versos, mentres que Kedro (O Porriño) interpretará rap e Underclock (Moaña) porá música electrónica.
Noutros espazos do museo, tanto interiores como exteriores, pintarán en directo dous tatuadores vigueses e artistas do graffiti e a pintura mural (Roke, Abi Castillo, Mubs, Seds, Yasabesquien, Sax, Dashone, Gory, Lupita Hard). Destaca a presenza dunha das mellores graffiteiras internacionais, Holly Rock (Nova Zelandia), e o grupo Expostas que creará un mural colaborativo. Para completar a programación, a danza estará presente grazas aos cinco membros dos Galirockers, grupo vigués de breakdance e baile moderno, que farán pases e invitarán ao público a participar. Para rematar, haberá un freestyle de todos os participantes acompañados polo dj Gabry Massa (Vigo).
Descargar todas as imaxes