venres, 10 agosto 2018

O Concello organiza esta fin de semana un concerto e observación das Perseidas

venres, 10 ago 2018

A observación das Perseidas ten lugar este domingo, de 22:30 a 00:30h, en VigoZoo e correrá a cargo de monitores da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura. En paralelo, informou o alcalde, o goberno de Vigo programa a actuación da Orquestra Clásica de Vigo no Castro, o sábado ás 21:30h, interpretando "Os planetas" de Gustav Holst. A noite do sábado o Concello celebra a Noite Branca dos museos.

Cursos de alfabetización dixital

venres, 10 ago 2018

O Concello de Vigo organiza os cursos de "Informática e Internet Básicos", "Redes sociais e uso do Correo Electrónico" e "Tramites electrónicos coa Administración" que terán lugar o próximo mes de setembro na oficina municipal do Casco Vello e no aula de formación da rúa Oporto.