O Concello expedienta á empresa da "zona azul" polo despedimento "inxusto e improcedente" de oito traballadores
Abel Caballero informou da apertura dun procedemento sancionador contra Dornier por incumprimento grave do contrato de concesión da Xestión de Estacionamento Regulado. O alcalde, que non desbota un eventual rescate da concesión, advirte: "non vou tolerar despedimentos inxustos e improcedentes en contratas do Concello"
O goberno de Vigo abriu expediente sancionador a Dornier por incumprimento grave do contrato de concesión, tras despedir a empresa a oito dos seus traballadores.
A reunión na Inspección de Traballo celebrada onte luns non serviu para acadar un acordo e os traballadores están en folga desde este martes. A autoridade laboral, explicou Caballero, aceptaba a proposta do Concello -compartida polos sindicatos- de que a empresa readmitira aos despedidos para logo empezar a negociar, rexeitada por Dornier, que está nunha posición "extremadamente radical".
Así, o alcalde manifestou que "o emprego non se toca" e advertiu á concesionaria que "ten que medir moito o que fai. Non vou tolerar despedimentos inxustos e improcedentes en contratas do Concello", sen desbotar incluso o rescate da concesión: "non descarten nada".