Caballero comprometeuse a seguir apoiando ás familias numerosas na inauguración da súa sede municipal en San Francisco
O alcalde participou este xoves na inauguración da sede da Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) que abriu as súas portas nun local municipal da rúa San Francisco. Durante o acto, comprometeuse a seguir apoiando a un colectivo que en Vigo supera os 3.000 núcleos familiares.
O alcalde defendeu esta mañá as bonificacións fiscais que o Concello de Vigo aplica ás familias numerosas durante a inauguración da sede de Agafan, instalada desde hoxe nun local municipal da rúa San Francisco. Tal e como detallou, as ordenanzas fiscais recollen vantaxes no IBI, no lixo, e nos prezos municipais de escolas infantís, conservatorio de música ou en actividades culturais e deportivas. Ademais, o Concello foi avalado en 2016 con Sello de Turismo Familiar que outorga a Federación Española de Familias Numerosas pola adaptación da súa oferta natural, cultural e de ocio pensada nas familias. Vigo é da cidade galega con maior número de familias numerosas, 3.302, rexistrando un incremento dun 17% desde 2015.
Descargar todas as imaxes