Escoitar

Caballero reitera que "Navia seguirá verde" e o Concello non converterá zonas verdes en aparcamento

"Non imos tolerar que en terreos municipais exista nin un só metro cadrado de zona verde que se transforme en cemento", asegurou este mércores o alcalde sobre o proxecto autonómico de ampliación do barrio. Abel Caballero esixiu novamente o soterramento da VG20 ao seu paso por Navia.

martes, 8 mai 2018
Abel Caballero garantiu que "Navia seguirá sendo Navia verde" e adiantou que "Non imos tolerar que en terreos municipais exista nin un só metro cadrado de zona verde que se transforme en cemento".

Ao tempo, o alcalde recordou a proposta do Concello para a ampliación de Navia, que pasa por soterrar ao VG20 ao seu paso polo barrio -e, mentres tanto, instalar barreiras vexetais para aminorar os ruídos-, que os novos edificios teñan menos alturas que os actuais e habilitar novas conexións viarias coa Avenida de Europa.

Abel Caballero recordou que a Xunta de Galicia é a administración "responsable" do plan de ampliación de Navia, que foi presentado en Vigo polo seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, un proxecto que "intenta baixar a calidade de vida en Navia".