Abel Caballero reunirase con Montoro o próximo luns para abordar a reinversión do superávit municipal
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP confirmou que en todo caso mantense a convocatoria do martes 27 realizada a responsables de Gobernos Locais, cume "na que informarei do tratado con Montoro, valoraremos esa reunión, debateremos e adoptaremos as medidas que correspondan".
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, fixo público este mércores que a reunión co ministro de Facenda e Función Pública, Cristóbal Montoro, para tratar, entre outras cuestións, a reinversión do superávit das Entidades Locais, terá lugar o vindeiro luns 26 de febreiro ás 17 h. Caballero, ademais, confirmou que en todo caso mantense a convocatoria do martes 27 realizada a responsables de Gobernos Locais, cume, sinalou Caballero, "na que informarei do tratado con Montoro, valoraremos esa reunión, debateremos e adoptaremos as medidas que correspondan".
O presidente da FEMP, que lembrou que o ministro se puxo en contacto con el catro horas despois de anunciar o Cume Local, reiterou os puntos para tratar co titular de Facenda na entrevista do próximo luns: vía libre á reinversión do superávit das Entidades Locais (máis de 5.000 millóns en 2017), retomar os traballos do grupo para a reforma da regra de gasto, e que se abra de inmediato a negociación do novo Financiamento Local, a par das negociacións sobre o Financiamento Autonómico. Caballero engadiu que "tamén lle direi ao Ministro que se se fai algún tipo de quita sobre a débeda das CCAA, querémolo tamén para os Concellos. E no caso das Corporacións sen débeda, esixirémoslle o financiamento cunha contía similar ás condonacións, reestruturacións ou non pagos de intereses que fagan coas CCAA ou con outros Concellos".
Con todo, o presidente da FEMP acentuou a urxencia respecto da reinversión do superávit: "ou conseguimos un Decreto Lei inmediato ou non teremos tempo de dedicar de forma efectiva nosos remanentes a políticas sociais ou de emprego, proxectos para mellorar a calidade de vida dos nosos cidadáns".
Caballero, finalmente, reiterou que se mantén a convocatoria de cargos electos para o martes 27 de febreiro ás 11 da mañá en Madrid. Unha convocatoria, "da que xa estamos a ter moitas confirmacións, entre outros Concellos os de Madrid, Sevilla, Valladolid, Alcobendas ou a Deputación de Xaén, por citar algúns exemplos" -dixo Caballero-, que se dirixiu a todos os membros da Xunta de Goberno da FEMP, aos do seu Consello Territorial, aos dos Consellos e órganos de Goberno das Federacións Territoriais de Municipios e Provincias, aos Presidentes de Deputacións, Cabidos e Consellos Insulares e aos Alcaldes de Cidades con máis de 50.000 habitantes.