Os autobuses urbanos permitirán ás usuarias baixarse entre paradas nos servizos nocturnos
O Concello ven de establecer paradas adicionais nas rutas de autobuses con fin de incrementar a seguridade das mulleres nos seus desprazamentos nocturnos. A partir do próximo venres, esta medida empezará a funcionar en todas as liñas a partir das 22,30 h, incluídas as tres rutas nocturnas.
A partir das 22,30 h da noite e ata as 06,30h da mañá todas as mulleres e resto de usuarios do transporte público da cidade que polas súas circunstancias o soliciten poderán indicarlle ao condutor do autobús onde queren baixarse, en calquera lugar da ruta. O Concello porá en marcha esta medida en toda a flota da cidade a partir do próximo venres 16 de febreiro co obxectivo de incrementar a seguridade das mulleres nos traxectos nocturnos xa que poderán baixarse do autobús a demanda en calquera momento do traxecto empregando a porta dianteira para evitar riscos de tráfico. Este servizo funcionará a diario a partir das 22,30 h en todas as liñas e tamén nas tres nocturnas: N-1, N-2 e N-3.