O alcalde anima á cidadanía a acudir o sábado 10 á III edición da "Gala benéfica Nico contra o cancro infantil"
A "III Gala benéfica Nico contra o cancro infantil" encherá de solidariedade o Teatro Afundación o próximo 10 de febreiro. Na rolda de prensa de presentación, o rexedor animou a toda a cidade a participar dun evento que contará con Carlota Corredera, como mestra de cerimonias.
Abel Caballero animou a toda a cidade a asistir o próximo sábado 10 de febreiro á "III Gala benéfica Nico contra o cancro infantil" que comezará ás 20,00 horas no Teatro Afundación. Nunha rolda de prensa acompañado por Óscar Novo e Patricia Leal, coordinadora e promotora do evento, respectivamente, o rexedor resaltou a relevancia da gala que contará coa xornalista viguesa Carlota Corredera como mestra de cerimonias.
Os asistentes gozarán da creatividade dos deseñadores Patricia Avendaño, Cristóbal Vidal, Manuel Pampillón e Reme Espantoso, ademais das actuacións do "padriño" da gala, o bailarín David Pereira, da Plazuela, de Beatriz González, da violonchelista Rosa Cedrón ou da actriz Gemma Pardo, entre outros. Tamén estarán Silvia Fominaya e Diana Nogueira como invitadas especiais.
O 100% da recadación será para financiar proxectos de investigación contra o cancro infantil e as entradas xa están á venda en Ataquilla. A organización conta tamén cunha Filazero para todos aqueles que queiran facer a súa achega aínda que non poidan asistir ao evento.
Descargar todas as imaxes