Escoitar

O alcalde coida "imprescindible" que a Xunta solucione o conflito dos traballadores de Xustiza

Caballero criticou a situación de "cerrazón total" da Xunta na negociación cos traballadores de Xustiza que están en folga en defensa dos seus dereitos laborais. En rolda de prensa, amosou a súa preocupación pola actitude de falta de diálogo do goberno autonómico e reiterou o seu apoio ás reivindicacións deste colectivo profesional.

xoves, 8 feb 2018
O alcalde amosou esta mañá a súa preocupación pola actitude da Xunta ante a folga dos traballadores de Xustiza que veñen de iniciar un paro indefinido. Insistiu en que é "imprescindible" que o goberno autonómico solucione este conflito e atenda as reivindicacións "porque está nunha situación de cerrazón total, sen dialogar nen ofertar solucións que os traballadores poidan aceptar".

En rolda de prensa, Caballero reiterou o apoio ás reclamacións deste colectivo co que mantivo un encontro o pasado mes de decembro no "que entendín as súas reivindicacións". Tamén lembrou a oferta realizada polo Concello á Xunta para construír, equipar e financiar una escola infantil na futura Cidade da Xustiza, se a administración autonómica lle cede o espazo preciso na construción.