Escoitar

O Concello divulga con paneis e unha web a figura do escritor na humanización de Álvaro Cunqueiro

O goberno de Vigo culminou a primeira fase da humanización da rúa Álvaro Cunqueiro, que supuxo a remodelación de toda a coroa circular interior e o entronque con Pintor Lugrís. O alcalde explicou que o Concello instalou na rúa paneis informativos que se completan cunha plataforma online a través de códigos QR.

xoves, 30 nov 2017
1512050147cunqueiro.JPG
O alcalde de Vigo visitou este xoves a humanización da rúa Álvaro Cunqueiro, no entorno da Praza da Independencia, unha remodelación culminada na súa primeira fase cun investimento por parte do goberno local superior aos 900.000 euros.

Como elemento singular desta humanización, Abel Caballero salientou as accións para divulgar a labor literaria e cultural de Álvaro Cunqueiro, a súa vinculación coa cidade e a historia urbana do entorno, a través da creación dunha plataforma online apoiada nunha páxina web e paneis informativos emprazados na rúa.

Estas placas proporcionan unha información básica que o usuario pode completar accedendo á web mediante a lectura dos códigos QR. A web contén información patrimonial, conecta con institucións e espazos culturais da cidade e traslada tamén información útil de proximidade.

Nesta remodelación, o goberno de Vigo actuou sobre máis de medio quilómetro de rúa, que agora conta con 2.300 metros cadrados de beirarrúas de granito, 14 papeleiras, máis de medio centenar de árbores, 300 metros lineais de xardineiras, casi trinta puntos de luz LED de alto rendemento e a reposición dos servizos de comunicacións e electricidade.
Descargar todas as imaxes