Escoitar

O goberno local aproba a contratación do servizo de limpeza por máis de 72 millóns

A partir do abril de 2018 Vigo contará cun novo servizo de limpeza pública tras a aprobación da contratación por 72.142.950 euros durante dous anos, con dúas posibles prórrogas de un ano cada unha. Tal e como explicou o rexedor, o obxectivo é que Vigo sega a ser a cidade máis limpa de España cun servizo máis eficiente e sostible que, entre outras melloras, se verá reforzado no rural.

mércores, 23 ago 2017
A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación dos servizos de limpeza pública viaria, recollida e transporte dos residuos domésticos na cidade de Vigo por un importe de 72.142.950 euros e un prazo de dous anos con posibilidade de dúas prórrogas dun ano cada unha. A previsión é que o contrato entre en vigor en abril de 2018.

Tal e como explicou o rexedor, para darlle flexibilidade e máis posibilidades ás empresas, o contrato está dividido entres lotes. O primeiro inclúe o mantemento, limpeza e reposición dos colectores, dos colectores soterrados e das papeleiras, incluíndo o seu baleirado; así como o mantemento e reposición da maquinaria e vehículos necesarios para a realización destas prestacións. O segundo lote abarca a recollida e transporte de residuos domésticos (orgánica e voluminosos, incluídos os RAEEs -Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos-);a xestión do punto limpo municipal; a limpeza urbana e de praias e a recollida e transporte dos residuos derivados destas labores de limpeza; así como o mantemento e reposición da maquinaria e vehículos necesarios para a realización destas prestacións. Por último, el terceiro, atende o mantemento, limpeza e reposición dos colectores para os residuos domésticos reciclables (papel-vidrio-envases-pilas), recollida e transporte do mesmos, recollida e transporte de roupa usada e aceites; así como o mantemento e reposición da maquinaria e vehículos necesarios para a realización destas prestacións.


O obxectivo desta contratación, dixo o rexedor, é manter e mellorar o estado da cidade que xa é "a máis limpa de España de España", garantir a estabilidade de todos os traballadores das distintas concesionarias e introducir melloras como o reforzamento do servizo no rural. Por último, referiuse á importante incidencia na sostibilidade dos pregos, primando, por exemplo, o uso de maquinaria máis ecolóxica ou a recollida porta a porta nalgunhas zonas, o que redundará nun servizo máis eficiente.


Pavillón Monte da Mina
A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde á clasificación de ofertas para contratar as obras de reforma da estrutura e do pavimento do pavillón de Monte da Mina, en Castrelos. Abel Caballero explicou que investirá 260.000 euros na remodelación deste recinto polideportivo e que a duración dos traballos será de catro meses aproximadamente.

Segundo explicou Caballero, este recinto vese afectado polo deslizamento de terras, o que produciu gretas na pista e modificacións "lixeiras" na estrutura do pavillón "que hai que corrixir". O Concello proxecta reconstruír a fachada afectada e renovar o pavimento deportivo, ademais de mellorar a recollida de augas, o aspecto exterior do edificio, entre outras melloras.