Escoitar

O presidente da FEMP participará o sábado 26 en Barcelona na manifestación contra o terrorismo

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP anunciou esta mañá que participará na manifestación contra o terrorismo yihadista organizada o próximo sábado 26 de agosto en Barcelona. En verbas de Caballero, esta marcha servirá para apoiar ao pobo de Cataluña e para recordar conxuntamente "que non temos medo".

martes, 22 ago 2017
O presidente e os membros da Xunta de Goberno da FEMP viaxarán o próximo sábado 26 a Barcelona para participar na manifestación en contra do terrorismo yihadista que discorrerá polas Ramblas a partir das 18,00 h. Tal e como explicou, o obxectivo é "estar ao lado do pobo de Barcelona e de Cambrils, así como apoiar ás alcaldesas e aos gobernos municipais destas localidades". Nesa marcha, tamén queremos repetir conxuntamente "que non temos medo, que ningún concello de España ten medo". Logo de reiterar o apoio solidario con toda Cataluña e condenar "absolutamente" todo tipo de terrorismo", Caballero engadiu que a marcha servirá tamén para reafirmar que todos os pobos e cidades de España seguirán o seu camiño, "sen temor e sen que o terrorismo nos mova da nosa convivencia pacífica e de concordia". Caballero destacou que se trata dunha convocatoria "aberta" para que participen todos os alcaldes e dirixentes locais que así o desexen.