Caballero di que o Gran Premio Cidade de Vigo, esta fin de semana, "é a mellor proba ciclista de Galicia"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe que 400 bicicletas vanse dar cita este sábado e domingo (26 e 27) no Areal, Porta do Sol, Praza do Bicentenario e monte do Castro na cuadraxésimo cuarta edición do Gran Premio Cidade de Vigo de ciclismo, no que competirán equipos de Galicia, Asturias e Cantabria. O Club Ciclista Vigués, organizador do campionato, xestiona tamén a participación de equipos de Portugal e Castela-León.
"Esta é a mellor proba que se fai en Galicia para afeccionados polos equipos, pola tradición e polo número de participantes", explicou o rexedor, que dixo que haberá competicións para todas as idades dende os principiantes ata os Elite/Sub-23.
A partires das 16:30 horas do sábado, Areal será un xigantesco circuíto urbano por segundo ano consecutivo. Unha gymkana e a carreira alevín (cinco voltas ao circuíto) abrirán a xornada, que rematará coa carreira de eliminación Elite/Sub-23. Para este haberá tres probas: unha de fondo (20 voltas), unha de sprints (15 voltas con sprint cada tres) e unha de eliminación, moi espectacular. Elimínanse dous ciclistas en cada quenda ata que queden 10 ou 11. Logo irán caíndo dun nun.
E o domingo, tempo dos escaladores primeiro cunha crono-escalada entre Porta do Sol e O Castro (3,5 quilómetros) ás 9:30 horas e despois (12:00) unha subida dende a Praza do Bicentenario (cruzamento de Camelias con Venezuela) ao monte do Castro por Marqués de Alcedo e Manuel Olivié, dando varias voltas ao circuíto Paseo dos Cedros-Paseo Cronista Álvarez Blázquez, quince para os Elite e Sub-23 e cinco para júniors e féminas.
"Convido á cidade a que vexa a marabilla do ciclismo", dixo o alcalde, que afirmou que "se está a vivir un bo momento do ciclismo en Vigo, que contará sempre co noso apoio porque queremos facer do ciclismo o deporte que se merece", indicou Caballero, que lembrou que ademais o Concello está a planificar un carril bici dende Teis ata Samil.
Carlos Vidal, presidente do club, manifestou que a proba "ten que ser a máis importante para os vigueses; para nós é máis importante que a Volta a España ou o Tour porque dá moito traballo". Uns trinta e cinco equipos competirán nesta edición.
Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo, asistiu á presentación xunto con concelleiro de Deportes, Manel Fernández, para apoiar un dos eventos senlleiros do ciclismo galego, valorou o que significa este díptico para a base e aplaudiu a resposta do Concello de Vigo ás inquedanzas do ciclismo vigués.
Descargar todas as imaxes