O alcalde apoiará as contas de Zona Franca e reclama parcelas no PTL para grandes superficies
Abel Caballero valorou positivamente o orzamento do Consorcio para 2018 que se debate esta tarde no Pleno de Zona Franca. As contas inclúen a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico (PTL), para a que o rexedor propón que as parcelas teñan o tamaño suficiente e poidan optar así grandes superficies como IKEA.<br />
O alcalde de Vigo e presidente do Pleno da Zona Franca de Vigo, Abel Caballero, valorou positivamente o orzamento do Consorcio para o próximo ano, que se debate esta tarde en sesión plenaria, e insistiu no seu requirimento de que a ampliación do PTL reserve parcelas cun tamaño suficiente para que poidan optar a instalarse grandes superficies como IKEA.
Caballero propón un deseño dos espazos que permita ás grandes compañías unha eventual instalación na cidade, toda vez que a ampliación do PTL figura nas contas da Zona Franca para 2018.
O Concello de Vigo, recordou o rexedor, promoveu que esta ampliación puidera executarse a través dun proxecto de incidencia supramunicipal, dun proxecto industrial ou estratéxico, ou que se tramite pola lei 3/2016 de proxectos de especial interese público, instando á Zona Franca a empregar a vía máis rápida para a súa materialización.
Esta iniciativa, detallou Caballero, suporá a xeración de máis de 200.000 metros cadrados de superficie para actividade industrial ou terciaria.