Escoitar

Caballero levará aos municipios de España as demandas de Vigo sobre a devolución da plusvalía

Tras a aprobación onte da moción, o alcalde e presidente da FEMP anunciou hoxe xoves o envío aos municipios españois do acordo adoptado en Vigo: que o Goberno de España adapte o imposto da plusvalía, que reserve recursos para afrontar eventuais indemnizacións aos cidadáns e que compense aos concellos pola merma de ingresos.

xoves, 27 xul 2017
Abel Caballero, na súa condición de presidente da FEMP, xa reclamara no 2015 ao Goberno de España a modificación do imposto de plusvalía, que foi en parte anulado polo Tribunal Constitucional.

Hoxe, e despois da moción de urxencia aprobada onte polo Pleno, o alcalde de Vigo anunciou o envío a todos os concellos de España da demanda viguesa a este respecto, que pasa por adaptar o imposto, instar á administración central a habilitar partidas presupostarias nos Orzamentos Xerais do Estado para poder facer efectivas as devolucións que procedan nas liquidacións do Imposto de Plusvalías municipais cando gravaran capacidades económicas inexistentes requirir do Ministerio que deseñe o mecanismos legais para que os concellos poidan dispoñer dos recursos económicos necesarios para afrontar as devolucións destas liquidacións sen que isto supoña unha merma dos recursos propios das Facendas locais.