Escoitar

O Concello habilita un carril bus na Avenida de Europa para axilizar o regreso das praias

Coa colaboración de Vitrasa e a Policía Local, estará en funcionamento dende mañá sábado 17 de xuño entre as 19:30 e as 22:00 horas para facilitar a volta ao centro dende a zona de praias da cidade.

venres, 16 xuñ 2017
O carril bus, en dirección ao centro da cidade, comeza no cruce da Avenida de Europa coa Avenida de Samil e discorrerá ata a intersección coa rúa San Paio, quedando tres carrís de subida e un de baixada ás praias. Cunha lonxitude de 1,8 quilómetros, vaise habilitar tódolos días ata o mes de setembro.

O obxectivo da medida, que xa se puxo en marcha o ano pasado, é disuadir aos bañistas de utilizar vehículos particulares para acudir á praia e fomentar o uso do transporte público. Así, a cidadanía ten ao seu dispor, cada tres minutos, un autobús urbano en dirección á praia pola Avenida de Europa, un servizo que se reforza en función das condicións climatolóxicas.