O goberno municipal adxudicou as últimas vivendas das 40 que puxo á venda en República Arxentina
Na Xerencia de Urbanismo de mañá mércores darase conta da adxudicación das últimas vivendas pendentes de venta en República Arxentina, por un valor de 777.000 euros. O alcalde aclarou que o montante do alleamento das 40 vivendas ascende a 5.521.000 euros, recursos que serán usados "en accións para a cidade". <br />
O pasado 6 de xuño adxudicáronse as últimas vivendas municipais das 40 que se venderon na rúa República Arxentina, proceso do que se dará conta mañá na Xerencia de Urbanismo e que supón uns ingresos de 777.000 euros. Tal e como explicou esta mañá o rexedor, o montante da venta das 40 vivendas elévase a 5.521.000 euros, dos que máis de 2 millóns foron para expropiar os terreos nos que a Xunta ía construír a Cidade da Xustiza e que, finalmente, descartou. Caballero criticou a "absoluta neglixencia" da Xunta pola que "Vigo ten nestes momentos o patacal máis caro de Europa". Aclarou que os recursos económicos procedentes da venda destas vivendas se usarán para accións da cidade, entre as que mencionou, por exemplo, expropiacións para a Panificadora ou seguir pagando os terreos que se expropiaron no seu momento para a posta en marcha de Universidade de Vigo.