O alcalde participou na entrega de premios do III Concurso de Tapas de Torrecedeira
Abel Caballero achegouse esta mañá de xoves á entrega de premios do III Concurso de Tapas de Torrecederia no que esta ano participaron dez establecementos da zona. O rexedor defendeu a eficacia da organización deste tipo de eventos para dinamizar a hostalaría e o comercio.
Os premiados no III Concurso de Tapas de Torrecedeira recibiron esta mañá o seu recoñecemento nun acto no que participaron o alcalde e o concelleiro de Comercio, Angel Rivas. Dez establecementos formaron parte deste certame que se desenvolveu entre o 2 e o 19 de xuño, nas rúas Pi i Margall e Torrecedeira.
Tal e como explicou o rexedor, este tipo de iniciativas é unha boa fórmula para dinamizar a hostalaría e comercio, accóns de promoción ás que se suman outras medidas impulsadas polo Concello como a taxa cero para terrazas ou o apoio na organización doutros eventos.
Black Friday
O rexedor tamén deu conta en rolda de prensa da ampliación dos horarios de transporte público con motivo do Black Friday, ante la previsión de maior afluencia de clientela aos comercios. A liña Circular Centro (C1) amplía as saídas desde a Praza de América ata as 23,30 h, mentres que a Circular Rosalía de Castro (C2) incorpora dúas saídas desde Areal ás 23,00 e ás 23,30 h, pasando pola Porta do Sol, Gran Vía, Pizarro e Gregorio Espino.
Tal e como explicou o rexedor, con este servizo ampliado, os pasaxeiros poderán facer trasbordos ata os principais núcleos da cidade coas liñas N1 (Urzáiz, Travesía de Vigo, Buenos Aires e Sanjurjo Badía) e N2 (Castelao, Coia e Navia), con sus horarios habituais.
Iluminación Nadal
Seguindo coa colaboración cos comerciantes, o alcalde avanzou que o día 3 de decembro ás 19,00 h procederase a encender a iluminación de Nadal. Animou a toda a cidade a achegarse á Porta do Sol para gozar dun espectáculo de luz que contará con amenización musical.
Descargar todas as imaxes