mércores, 23 nov 2016
"Vigo fixo o que tiña que facer" asinando o convenio para incorporarse ao plan de transporte metropolitano da comunidade, apuntou Caballero, polo que no caso de desacordo das partes na súa posta en marcha, debe acudirse á vía contencioso-administrativa, tal e como recolle o convenio.
mércores, 23 nov 2016
O alcalde de Vigo anunciou esta mañá a reorganización do tráfico en García Olloqui, cumprindo un mandato xudicial que obriga ao Concello a tomar medidas sobre a insonorización acústica da circulación. Deste xeito, a partir do 28 de novembro o tráfico nesta rúa quedará restrinxido a autobuses e taxis.
mércores, 23 nov 2016
O alcalde presidiu este mércores unha sesión especial do pleno infantil do Concello no que arredor de setenta estudantes do CEIP A Doblada e do colexio Niño Jesús de Praga aprobaron por unanimidade un manifesto a prol dos dereitos dos millóns de nenos e nenas refuxiados e emigrantes que hai no mundo e no que instan ao Goberno de España e á Unión Europea a tomar medidas ante a situación que sofren. Ademais o alumnado entregoulle a Abel Caballero o pasaporte da humanidade, unha guía para abordar os dereitos da infancia.