Escoitar

Caballero defende aos medios "como elemento central que vertebra a democracia"

Abel Caballero cualificou esta mañá aos medios de comunicación como "o elemento central da democracia". Na inauguración nunhas xornadas sobre o Presente e o Futuro da Comunicación en Vigo organizadas esta mañá no Hotel NH, o rexedor insistiu en que "se non hai medios libres, non hai democracia". <br />

martes, 22 nov 2016
1479824137medios.jpg
O rexedor diagnosticou esta mañá o "bo estado de saúde" dos medios de comunicación na actualidade aínda que recoñeceu que a necesidade de ir adaptándose a novos soportes. Negouse a proseguer nos "tópicos" que auguran o declive do papel dos medios, reivindicando a súa importancia "como elemento central que vertebra a democracia". Na súa opinión, a prensa reflicte a realidade desde distintos enfoques porque "son ouídos e voz, cos seus pros e os seus contras, narran o que pasa na realidade desde distintas perspectivas editoriais que deben ser respectadas desde o poder". Nesta liña insistiu en que "se non hai medios libres, non hai democracia".

Caballero inaugurou esta mañá as XXIX Xornadas Presente e futuro da comunicación en Vigo, nas que se analizou no papel dos medios de comunicación locais como factor de progreso na Comunidade. Organizadas por El Nuevo Lunes, na apertura deste encontro tamén participaron José Luis González, director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés e José García Abad, editor de El Nuevo Lunes.
Descargar todas as imaxes