Escoitar

Manel Fernández cualifica o Memorial Belarmino Alonso de cross como "unha referencia en España"

O concelleiro de Deportes presentou o 38º Memorial Belarmino Alonso, "unha das referencias do mundo do atletismo e do cross en España" previsto para este domingo ás 10:30 horas baixo a organización do Comesaña Sporting Club e o patrocinio do Concello.

xoves, 24 nov 2016
1479998570belarmino.jpg
A proba federada, para atletas nacidos en 2001 e anos anteriores, correrase este domingo e pecha hoxe xoves as inscricións, que onte chegaban xa aos 500 atletas de todas as idades. O memorial abre o calendario de campo a través e é "a única proba pura de cross en Galicia", lembrou o presidente do club, Belarmino Alonso.

Ademais, por vez primeira entra no prestixioso circuíto nacional de campo a través, o que lle permite incorporar a atletas de nivel doutras comunidades autónomas e estranxeiros. Ese rango teno xa asegurado ata 2018. "Isto recoñece a proba, pero tamén o traballo do club, ademais do traballo e esforzo do mundo do atletismo vigués e os seus éxitos", dixo o edil.

A tudense Leticia Fernández, gañadora no 2014, será unha das participantes na mellor edición da década, na que ademais o ADAS Proinor do Barco de Valdeorras porá en xogo as súas fichaxes viguesas (Esther Navarrete e Sandra Mosquera). A curiosidade chegará dende as illas británicas con Antoinette Duwayne (Lliswerry Runners), club galés que loce as mesmas cores na súa camiseta que o Comesaña.

En categoría masculina, nomes como o de Alejandro Fernández (ADAS Proinor), os lusos Nuno Pinto (vencedor da San Martiño) ou Fernando Serrao, e Gonzalo Basconcelo figuran xa inscritos.

Na rolda de prensa, o concelleiro estivo acompañado polo presidente do Comesaña, o directivo do club Jesús Sánchez e o delegado en Vigo da Federación Galega de Atletismo, Miguel Martínez, quen incidiu en que esta é "a mellor proba atlética de Galicia".
Descargar todas as imaxes