O venres remata o prazo de inscrición para o concurso de comparsas
O próximo venres, 21 de febreiro, remata o prazo de inscrición para o concurso de comparsas que se celebrará co gallo das festas de entroido que, un ano máis, organiza que a concellería de Festas e Animación Sociocultural. As comparsas que concorran terán que participar nos desfiles do día 1 de marzo, e no enterro do Meco, o 5 de marzo, e contar cun mínimo de 20 integrantes.
O desfile das comparsas terá lugar na rúa Venezuela o sábado día 1 de marzo ás 18.30 horas, e percorrerá Camelias – Álvaro Cunqueiro (marxe dereita) – Camelias – Praza de América, rematando diante do Instituto Municipal dos Deportes. As agrupacións sairán segundo a orde obtida no sorteo público que se realizará o día 26 de febreiro ás 12.00 horas no Concello.
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, presidirá o xurado, no que haberá tres persoas vencelladas ó humorismo, ós medios de comunicación e ó mundo da cultura. Para facer a súa valoración, este xurado prestará unha especial atención ó número de membros, ó vestiario e á orixinalidade, así como á presencia de elementos complementarios na súa actuación.
O primeiro premio do concurso estará dotado con 2.400 euros, e entregaranse tamén un segundo premio de 1.800 euros e un terceiro de 1.200 euros. Asimesmo, haberá un premio especial de 600 euros á comparsa máis festeira e 20 accésits de 600 euros cada un.
Pola outra banda, o día 5 de marzo entregarase un único premio no desfile do enterro do Meco, que será de 750 euros, á comparsa mellor caracterizada. Para optar a este recoñecemento, os integrantes da comparsa deberán vestir de loito rigoroso, é dicir, con prendas de cor negra ou morada na súa totalidade. Ó remate deste desfile, na praza de América, coñecerase a decisión do xurado.
Descargar todas as imaxes