Escoitar

Os mellores xinetes danse cita no Concurso de Saltos Internacional de Vigo

venres, 14 feb 2003
imx2334.jpg
Apertura do acto
O alcalde asistiu á inauguración do Concurso de Saltos Internacional que se celebra esta fin de semana no recinto feiral de Vigo (Ifevi) de Cotogrande. Castrillo amosouse convencido de que Vigo será sede permanente da Copa do Mundo de Hípica e dixo que a iso contribuirá o poder dispoñer dun novo recinto multiusos no que se desenvolverá o evento con maior comodidade para os participantes e o público.

A gran calidade dos deportistas que tomarán parte na segunda edición viguesa da Copa do Mundo de Salto de Obstáculos levou á organización a decidir engadirlle unha proba ao programa. O vernes 14 de febreiro dispútase un Master reservado aos 10 mellores xinetes e cabalos do panorama ecuestre internacional que se darán cita en Vigo. Nomes lendarios, como os do británico Michael Whitaker, os alemáns Ludger Beerbaum e Franke Sloothaak, o suízo Markus Fuchs ou o francés Michel Robert ofreceralles ao público vigués un recital da súa magnífica equitación para conseguir proclamarse gañadores del Master de Vigo.

A representación española estará composta por Cayetano Martínez de Irujo, mellor español na presente edición da Copa do Mundo 2002/03 e no camiño para clasificarse para a final que se disputará en Las Vegas en abril e Ricardo Jurado, mellor español do Gran Premio da Copa do Mundo de Vigo 2002.

O CSI-W de Vigo é a única sede española da Copa do Mundo e non só na disciplina de saltos, senón tamén na de enganches. Os máis destacados xinetes europeos solicitaron a súa admisión para o concurso hípico, pero as estrictas normas da Federación Ecuestre Internacional obrigou a facer unha coidada selección. Un total de 63 xinetes participarán no concurso e deles unicamente 38 o farán no Gran Premio da Copa do Mundo.

Paralelamente aos saltos, disputarase a Copa do Mundo de Enganches e ofreceranse diversos espectáculos entre os que destaca o Show de Pignon.

Programa

Venres, 14 de febreiro
15.00 Proba nº1
18.45 Proba nº2
21.45 Show de Pignon
23.00 Máster

Sábado, 15 de febreiro
15.30 Proba nº3
19.00 Proba nº4. Gran Premio Copa do Mundo
22.00 Enganches
23.30 Proba nº5. Eliminatorias sucesivas

Venres, 15 de febreiro
13.00 Proba nº6
16.15 Enganches Gran Premio Copa do Mundo de Enganches
17.00 Show Hípico de François Pignon
18.20 Proba nº7. Gran Premio Cidade de Vigo

MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes