Escoitar

Amaranto estrea ”Marea Baixa” no II Festival Alternativo de Teatro

xoves, 13 feb 2003
Amaranto Teatro protagoniza a segunda función do Festival Alternativo de Teatro. A compañía realiza un teatro experimental de creación propia que fusiona diferentes disciplinas (obxectos, acrobacia, texto, danza, trapecio...) para casalos nun mesmo núcleo e crear unha forma que fale das inquedanzas da nosa época. O prezo da entrada é de 5 euros.

A compañía Amaranto Teatro representará a súa montaxe ”Marea Baixa” no auditorio do Concello ás 21:30. O prezo da entrada é de 5 euros.

Marea baixa é ese estado onde a paisaxe se alarga, onde a perspectiva se amplía, onde se pon en evidencia a nosa pequenez.

A marea baixa permítenos ser conscientes do perdidos que estamos e exclamar “non sei quen son” co alivio do que descarga un gran peso. Mergullando nesta marea baixa queremos falar do estado da cuestión, ser reflexo, evidenciar que vivir espertos é recoñecelo.

”Eu sálvome cando durmo acompañada, sálvome indo á perruquería, sálvome dicindo non o podo evitar, sálvome cun sorriso, sálvome cando soño, sálvome se te salvo, se me miras, se non paro, se gardo silencio...” (do Catálogo de boias).

Creación e interpretación: Pere Thomas, David Franch, Marta Pelegrina, Angeles Císcar, Lidia González Zoilo
Textos: Marta Pelegrina e Orit Kruglanski
Producción: Enric Company, Alexandra Libanio
Dramaturxia e dirección: Andrés Waksman

MÁIS INFORMACIÓN