Escoitar

O Concello acondiciona o parque da Guía

venres, 14 feb 2003
imx2332.jpg
Paseo da Guía
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns realiza a primeira fase de rexeneración do parque da Guía. O obxectivo dos traballos é o de proceder á recuperación de determinadas zonas do parque, que na actualidade presentan certo deterioro como consecuencia de actos vandálicos puntuais e do efecto das fortes chuvias. Este deterioro obsérvase fundamentalmente na varanda da estrada de acceso á ermida e na erosión dos camiños interiores.

Nesta primeira fase procederase á reposición de tramos de varanda e ao tratamento integral da mesma mediante impermeabilización e pintado. Os treitos de camiños interiores mais singulares acondicionaranse mediante a construcción de cunetas para a recollida de augas pluviais. Ademais algúns camiños formaranse con empedrado que se construirá con restos irregulares de pedra plana ou con xabre compactado.

O acondicionamento do parque da Guía continuará coa limpeza de graffitis mediante chorreado de auga, reposición de losetas e a colocación de banzos en formación de escaleira en pedra natural.
Descargar todas as imaxes