O Goberno municipal ofrece a súa colaboración para a celebración dos premios Max
O Concello está disposto a colaborar na celebración da vindeira edición dos premios Max de teatro, se así o decide a comisión organizadora. A Comisión de Goberno, tralo impedimento da Xunta de Galicia de acoller o evento, decidiu que o Concello de Vigo colaborará ”como sexa preciso porque non podemos permitir que, por unha acción sectaria do Goberno, Galicia quede mal parada”, afirmou o voceiro Xavier Toba.
”Cremos que nunha sociedade democrática non é tempo de ameaza velada e explícita a un colectivo que quere expresar o seu parecer pola acción do Goberno no apoio á guerra”, sinalou Toba. O concelleiro indicou tamén que a Xunta de Galicia no tema das subvencións parece que está a dicir que ”se comes na miña man, prepárate a ser súbdito”.
Os premios Max nacen co propósito de estimular e premiar o talento dos artistas e profesionais das artes escénicas. Os seus creadores son a Sociedade Xeral de Autores e Editores e maila Fundación Autor. A estes premios concorren todos os espectáculos estreados ou en xira na tempada anterior. Condecórase a autores, traductores, adaptadores, compositores, arranxistas, directores, coreógrafos, escenógrafos, figurinistas, productores, actores e bailaríns que formaron parte de espectáculos. Os gañadores son elixidos mediante o voto dos seus compañeiros de profesión.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes