Il Seminario Musicale actúa na concatedral de Santa María
Gérard Lesne e Il Seminario Musicale ofrecerán un concerto o 14 de decembro ás 21:30 na igrexa-concatedral de Santa María dentro do festival Are-More. Este conxunto gravou 21 discos desde 1985 con repertorios italiano e francés. A entrada é libre.
En 1985, Gérard Lesne funda o conxunto Il Seminario Musicale e rodéase de cantantes e instrumentistas, tendo como el, o gusto do repertorio Italiano e Francés dos séculos XVII e XVIII. Dende 1990 o conxunto é residente da Fundación Royaumont (Val d’Oise). Os músicos tocan con instrumentos antigos e buscan cómo restitui-la fantasía e a retórica narrativa do Barroco a través da obra de compositores tales como Brossard, Couperin, Charpentier, Clérambault ou incluso Monteverdi, Pergolesi, Scarlatti, Vivaldi... dedicándose en particular a exhumar obras esquecidas gracias á colaboración de musicólogos que traballan para el a través de toda Europa.
Para Gérard Lesne a liña recta non é só o camiño máis curto dun punto a outro. Autodidacta, diríxese primeiro por gusto cara a repertorios lonxe de ser clásicos ou barrocos: rock e jazz. Os seus encontros posteriores (René Clemencic, William Christie e Philippe Herreweghe) fanlle descubrir concerto a concerto a beleza e a expresividade da Música Italiana, seu amor pola Música Francesa, de M.A. Charpentier a F. Couperin e a esixencia da música alemana de Johann Sebastian Bach.
En 1985 crea Il Seminario Musicale, abordando repertorios preferentemente italianos e franceses cunha certa predilección pola interioridade nas obras de igrexa. Co seu conxunto gravou 21 discos consagrados entre outros a C. Monteverdi, A. Vivaldi, A. Scarlatti, A. Caldara, B. Galuppi, G.B. Pergolèse, G.F. Haendel, M.A. Charpentier, F. Couperin, S. De Brossard etc... con “Tres Victorias de la Música” en 1994, 1996 e 1997.
Integrantes:
Gérard Lesne, alto
David Simpson, violoncello
Monika Pustilnik, téorbe
Blandine Rannou, clavecín
Descargar todas as imaxes