Inscritas preto de 150 persoas no congreso que analizará a prevención da violencia
A Concellería da Muller organiza o Congreso sobre prevención da violencia contra as mulleres que se celebrará o 13 e 14 de decembro no auditorio municipal. Neste encontro analizaranse os modelos culturais e as medidas de prevención en adolescentes e adultos de cara a reducir o nivel de violencia e fomentar a educación en igualdade.
Especialistas en prevención de violencia incidirán na atención ás víctimas da violencia de xénero, na sensibilización da sociedade e na prevención. Analizaranse ónde están as causas da violencia, a revisión dos valores e pautas culturais discriminatorias interiorizadas por homes e mulleres que conducen á desigualdade.
Sábado
16:30 Inauguración
17:00 Conferencia: O sistema patriarcal e as relacións de poder. Rosa Cobo Bedía. Directora do seminario interdisciplinar de estudios feministas da Universidade da Coruña.
No relatorio vai amosar que a violencia contra as mulleres, lonxe de ser un feito azaroso ou un conxunto de patoloxías de determinados varóns, está inscrita nun sistema social patriarcal no que as estructuras políticas, económicas e culturais reforzan a posición individual e colectiva dos homes e debilitan a autonomía e autoestima das mulleres, individualmente e como xénero.
18:00 Pausa café
18:30 Conferencia: Normalidade cultural patolóxica, modelos de varón e violencia de xénero. Carmen Magallón Portolés. Seminario de investigación para a paz (Zaragoza)
Proporá desarraigar a desconsideración social das mulleres, insuflando correntes de autoridade feminina na estructura social e rescatando a súa competencia en campos do saber e nas súas contribucións á civilización. Apostará tamén polo debate entre homes para estender a necesidade de que cambien os comportamentos e recoñezan o problema da violencia contra as mulleres.
19:30 Conferencia: Traballando na prevención do maltrato con adolescentes. Margarita Amigo Jaio. Sicoanalista. Asesora en servicios sociais.
Exporá un traballo no que se pretende sensibilizar da necesidade de intervención, ofrecer estratexias didácticas e ofertarlle ao profesorado información sobre o maltrato e os procesos subxacentes e implícitos relativos á familia, parella e a socialización xenérica que o posibilita.
20:30 Fin da xornada
Domingo
10:30 Conferencia: Masculinidade e curriculum ¿Pódese aprender a ser home sen exercer a violencia? Fernando Barragán Medero. Director do máster en Sexualidade humana e Xénero. Universidade de La Laguna.
Clasificará a violencia en sicolóxica, física, sexual, estructural, económica e política. Explicará o proceso de aprendizaxe da violencia a través da socialización de xénero e ante a ausencia de estratexias de resolución de conflictos. Falará da cultura da paz centrada na defensa da desaparición das relacións de poder entre xéneros e a convivencia harmónica das persoas co fin de erradicar a inxustiza e a insolidariedade.
11:30 Pausa café
12:00 Conferencia: Claves da violencia de xénero, a dependencia afectiva. Laura Torres San Miguel. Membro da Cátedra de Estudios de Xénero da Universidade de Valladolid.
Realizará un percorrido polo proceso de conformación da dependencia amorosa e as repercusións da idealización da vida afectiva na violencia de parella. Analizará tamén o proceso de socialización diferencial entre homes e mulleres e a transmisión de valores afectivos de nais a fillas.
13:00 Clausura do congreso
Descargar todas as imaxes