Caballero subliña que o voo a Lisboa dará conectividade con moitos outros países
Logo de manter un encontro con responsables da TAP, Caballero augurou o éxito da conexión con Lisboa que arrancará o próximo mes de xullo. Na súa opinión a decisión de esta aerolínea de escoller Peinador para operar coa capital lusa "pon de relieve a importancia de Vigo na xeración e recepción de visitantes".
Abel Caballero asegurou que o voo Vigo-Lisboa que vai operar a TAP a partir do 1 de xullo "reúne todas as características para triunfar" dada a importante relación deste territorio con Portugal. Ademais da conectividade punto a punto, hai que ter en conta a conectividade a través da capital lusa con outras cidades e zonas do mundo: Brasil, resto de Latinoamérica, Canadá, Estados Unidos, entre outros. Tal e como detallou en rolda de prensa logo de manter unha reunión co director xeral da TAP, Paulo Henrique Salles e o responsable en Vigo, Jesús Medela, as naves coas que vai operar serán moi versátiles -70 prazas- e os horarios permitirán conexións internacionais e viaxes de negocios. Avanzou a vontade do Concello de cooperar na promoción desta conexión no senso máis amplo: con presentacións a axencias de viaxes, empresas eventualmente usuarias, e presenza de Vigo en Lisboa e viceversa para potenciar negocios, ocio ou turismo.
Este voo é un elemento máis a sumar a subida que experimentou o aeroporto de Vigo no mes de xaneiro, dixo, a máis alta de ningunha outra terminal de España, o que supón un dato moi "estimulante a significativo". Resaltou, asimesmo, que "a recuperación do aeroporto xa é unha realidade e cada vez se abren máis posibilidades", apostilou.
Descargar todas as imaxes