Escoitar

O alcalde reitera o apoio do Concello ao equipo UVigo Motorsport

<br /> Abel Caballero recibiu este luns a unha representación do equipo da Universidade de Vigo que a temporada pasada deseñou un monopraza para a competición universitaria de Fórmula 1 e apuntou a conveniencia de que se "reforce o proxecto ampliando a presenza de empresas e institucións".

luns, 8 feb 2016
1454936505universidad.jpg
O rexedor vigués reuniuse este luns pola mañá con parte do equipo Uvigo Motorsport que en 2015 participou por primeira vez na competición automobilística universitaria máis importante do mundo. Os estudantes de Enxeñería Industrial, dirixidos polo seu profesorado, deseñaron un monopraza co que correron nos circuítos de Silverstone, Hockenheim e Montmeló e quixeron agradecer ao Concello o apoio prestado ao proxecto.

Abel Caballero apuntou que o equipo "avanza ben neste primeiro ano de traballo no que competiron coas mellores universidades do mundo, que suman vinte anos de experiencia", e anunciou que "daremos o noso apoio" para que sigan nesta dirección. Considera que "hai que reforzar o proxecto e ampliar a presenza de institucións e empresas" xa que "parece razoable que nunha cidade como Vigo, na que a industria da automoción ten un papel tan importante, teñamos elementos distintivos que teñan que ver co sector".
Descargar todas as imaxes