Escoitar

Participación No Concurso "VENTE Cos Reis Magos 2015-2016"

O obxecto deste concurso é seleccionar a corenta nenos e nenas para acompañar os Reis Magos na Cabalgata de Reis 2016. Poderán participar todas nenas e nenos da cidade nacidos entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2007, ambos inclusive.

venres, 27 nov 2015
As solicitudes poderán depositarse nas caixas de correos do Carteiro Real, instaladas na Lonxa do Concello e nos Centros Cívicos de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saiáns.

O prazo de inscrición comezará o día 1 de decembro e finalizará as 20:00 horas do día 16 de decembro.

O sorteo realizarase o día 22 de decembro, ás 12:00 horas na Casa do Concello.

A inscrición no concurso supón a aceptación das bases aprobadas pola Xunta de Goberno do 20 de novembro de 2015."