Caballero reclama á Xunta un acceso directo ao novo hospital desde o aparcamento municipal gratuíto
Segundo revelou este martes o alcalde, a Xunta de Galicia non autorizou ao Concello a facer unha conexión directa para vehículos e peóns entre o aparcamento municipal gratuíto que se está a habilitar e o Hospital Álvaro Cunqueiro. Pola contra, o goberno autonómico propón que o Concello faga una entrada e saída pola Avenida Clara Campoamor. Caballero esixe ao goberno autonómico que permita a conexión directa.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este martes á Xunta de Galicia que permita ao Concello facer unha conexión directa do aparcamento municipal gratuíto que está a facer ao Hospital Álvaro Cunqueiro.
O goberno de Vigo está a construír un estacionamento municipal de balde nunha parcela anexa ao novo hospital e solicitou á Xunta de Galicia que autorice conectalo -tanto para coches como para peóns- directamente co recinto sanitario. Esta demanda, tal e como denunciou hoxe Caballero, foi rexeitada polo goberno autonómico, quen propón ao Concello que habilite unha nova entrada e saída desde a Avenida Clara Campoamor. "Para iso non necesitamos o permiso da Xunta", explicou Caballero.
"Nós queremos acceder directos ao hospital, non queremos dar unha volta de centos de metros", argumentou o alcalde, quen denunciou que a Xunta está a "defender os intereses da concesionaria". Caballero asegurou que "están poñendo dificultades porque o aparcamento gratuíto lles vai quitar o negocio do aparcamento carísimo" que ten a concesionaria no novo hospital, e polo tanto "non dan facilidades".
"A Xunta de Galicia segue sen entender o que é este hospital, as deficiencias que ten e o que teñen que facer", engadiu o alcalde, quen dixo que o Hospital Álvaro Cunqueiro "significa tamén un copago e un imposto aos cidadáns a través do aparcamento" e recordou que o estacionamento de Urxencias ten un custo ao día de ata 86 euros.
Descargar todas as imaxes