Escoitar

Concerto 2 do festival VertixeVIGO15

Unha viaxe sonora o martes 17 de novembro no Museo MARCO (Príncipe, 54) dentro do III Festival VertixeVIGO, presentación de Technics con Nou Ensemble ás 20.30 h. A entrada en anticipada, 5 euros; en billeteira, 8. Hai un bono de 20 euros para todo o festival.

luns, 16 nov 2015
1447680221concerto2.jpg
Technics explora os límites do concepto xeral de técnica e a aplicación desta e da tecnoloxía na composición musical. Technics é un programa experimental con tecnoloxía, video e música que investiga a inclusión e posta en primeiro plano de elementos non sonoros, a utilización de obxectos cotiás na composición, o uso de sistemas de notación alternativos ou a substitución da partitura tradicional por unha partitura sonora o un video.

Da man do prestixioso ensemble mallorquino Nou Ensemble, esta exploración faráse a través de sete obras: Study for a string instrument (Simon Steen-Andersen, Dinamarca), No-tune/no-Tempo (José Pablo Polo, Mallorca), een betje licht voor (Íñigo Giner), ) Videopintura aleatoria (Mauricio Kagel Arxentina), Prima Vista (Luis Jover Comas), Matar al sol (Joan Bagés, Cataluña) e B (Simon Loeffler, Dinamarca). Forman parte de Nou Ensemble: Myriam García Fidalgo, violoncello, José Pablo Polo, guitrarra, Georgia Privilera, violín e David Romero Pascual, clarinete.
Descargar todas as imaxes