Escoitar

Os traballos de remodelación da grada de Tribuna de Balaídos arrancarán en decembro

O alcalde deu conta esta mañá da adxudicación da remodelación da grada de Tribuna, por importe de 4,6 millóns. Tamén hoxe mesmo, se celebrou a primeira reunión técnica entre Concello e Zona Franca para avanzar la petición do goberno local de que o Consorcio financie a reconstrución de Marcador, cun aparcamento anexo que lle permitiría recuperar o investimento.

luns, 16 nov 2015
A Xunta de Goberno local deu luz verde á adxudicación da remodelación da grada de Tribuna, por un importe de 4,6 millóns. Tal e como explicou esta mañá o rexedor, os traballos comezarán en decembro pola parte anterior da estrutura. Asimesmo, Caballero anunciou que a empresa adxudicataria estudará técnicamente se é posible retirar a cuberta de Preferencia cos torneos en marcha, co obxectivo de poder ir acelelerando o cubrimento desta zona do campo.

Por outra banda, esta mañá celebrouse a primeira reunión entre técnicos municipais e de Zona Franca para avanzar na petición do Concello de Vigo de que o Consorcio asuma a construción de Marcador, cun aparcamento anexo que lle permitiría recuperar o investimento. En dúas semanas, indicou o rexedor, vaise convocar o seguinte encontro para poder organizar e avanzar nun proxecto que será bo para Zona Franca e para a cidade porque permitirá levar adiante a gran reconstrución de Balaídos.