O goberno local dota de xogos aos parques infantís de Teixugueiras, Navia e Praza da Independencia
O alcalde informou dos acordos adoptados na Xunta de Goberno Local extraordinaria deste mércores na que se aprobou o Plan de seguridade e saúde que inclúe a instalación de elementos para os máis cativos nos parques e na que se deu luz verde ao expediente de adquisición de 1.600 entradas para os partidos do Celta en Balaídos, que o Concello entrega a escolares, voluntarios e colectivos desfavorecidos por un valor de 153.000 euros.
O Plan de Seguridade e Saúde para a instalación de elementos de xogos infantís, aprobado na Xunta de Goberno Local celebrada este mércores, dotará de elementos de xogos para nenas e nenos os parques de Teixugueiras, Navia e Praza da Independencia. Deste xeito, para Abel Caballero, serán "tres grandes parques" que se suman á oferta municipal para os cativos vigueses.
Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación para a adquisición de 1.600 entradas para a bancada de fondo do Estado Municipal de Balaídos para presenciar os partidos do RC Celta de Vigo na temporada 2015-2016 nas competicións de Liga, Copa e partidos amistosos. As entradas para a Bancada Concello-Celta teñen un custo de 150.000 euros e están pensadas para beneficiar aos escolares de Primaria dos colexios públicos da cidade os escolares de Primaria dos colexios públicos da cidade (1.300 entradas), ademais de 245 para persoas con poucos recursos económicos, 35 máis para persoas con discapacidade e 20 a voluntarios. O alcalde menciounou o éxito desta iniciativa xa que a grada é unha das que máis anima os partidos en Balaídos.