Escoitar

Aberto o prazo para inscribirse no obradoiro Ciberlingua do Servicio de Normalización Lingüística

xoves, 2 xan 2003
imx2182.jpg
Ciberlingua, proxecto innovador de promoción do galego no eido das novas tecnoloxías da información e da comunicación, quere achegarse aos nais e pais ofrecéndolles formación a través dun obradoiro de internet.

Os contidos do curso son o dominio do concepto de internet, o manexo de navegador (Opera), correo electrónico, chat, foros e roldas. Ademais, ensinarase a compresión/descompresión de arquivos, creación de arquivos PDF e recursos na rede para pais e nais.

O curso terá unha duración de 17 horas e impartirase os 14, 15, 16, 21, 22 e 23 de xaneiro de 17.00 a 19.45 horas no edificio Asefal (rúa Elduayen, número 2)

Hai 15 prazas para os interesados, que se outorgarán por orde de inscrición. A matrícula deberá efectuarse no rexistro xeral da Casa do Concello, ata o 10 de xaneiro. O requisito de matrícula consiste en manexar, con soltura, un procesador de datos.

Haberá servicio de gardería para os cativos e cativas no propio edificio Asefal.

MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes