Escoitar

“I Nadal de Aventura” achega novas formas de lecer aos rapaces

luns, 30 dec 2002
imx2180.jpg
Tirolina, pontes tibetanas ou rocódromo son algunhas das actividades nas que poderán participar os nenos e novos que se acheguen ata o pavillón das Travesas durante a celebración de “I Nadal de Aventura”. O concelleiro de Xuventude presentou a iniciativa como unha mostra “interesante e innovadora de deportes e actividades relacionados coa aventura”.

Santiago Domínguez explicou que a nova actividade xurdiu como continuidade “ ben que cunha nova perspectiva, da Feira da Infancia e Xuventude acabada de clausurar, nunhas datas nas que os rapaces dispoñen de máis tempo libre”.
O frontón e a pista vermella do pavillón das Travesas acollen ata o 6 de xaneiro as instalacións dunha tirolina de 8 metros de altura e 40 metros de percorrido, 2 pontes tibetanas de 30 metros de lonxitude, un rocódromo e un circuíto multiaventura de competición. Ademais, o “I Nadal de Aventura”, organizado en colaboración coa empresa Plus Sports ofrece exercicios para os máis pequenos, cun inchable no que poden participar os meniños con idades comprendidas entre os 2 e os 4 anos.

O horario de actividades os días 3, 4 e 5 de xaneiro abrangue de 11:00 a 14:00 horas en quenda de mañá, e de 16:00 a 20:00 horas á tarde: mentres que o día 6 de xaneiro só será de 16:00 a 2:00 horas.
Descargar todas as imaxes