Escoitar

” A Mostra das Alternativas” continúa o seu programa de actividades para todos públicos na Praza do Progreso

venres, 27 dec 2002
”A Mostra das Alternativas”, MODA, que se celebra na Praza do Progreso ata o 7 de xaneiro continúa co seu programa de actividades paralelo á mostra de obxectos de todo o mundo. A MODA é unha mostra onde pódese atopar obxectos de regalo, decoración e productos naturais, entre outros, destinados a un público que busca un regalo orixinal con productos que proveñen de todalas partes do mundo, convertíndose nun mercado alternativo ó comercio tradicional.

Música, contacontos, pasarúas, malabares e payasos intentan facer máis agradable estas datas cun programa festivo, dirixido a tódolos públicos. As actividades celebranse nunha zona anexa á mostra que se atopa cuberta evitando, así, as inclemencias do tempo.

A Mostra organizada pola Asociación Vigo Natura conta coa colaboración da Concellería de Comercio e Turismo e permanecerá aberta ó público de forma gratuita ata o 7 de xaneiro, en horario de 10.30h. ás 21.30 horas de luns a domingo.

Resumo das actividades:

Sábado, 28 de decembro: Música: NEGRHA TROULA. Espectáculo de percusión mandinga
Domingo, 29 de decembro: CHARANGA E PANDEREITAS. “O FIADEIRO”. Percorrido polo centro de Vigo e a continuación actuación na “A Mostra das Alternativas”.
Luns, 30 de decembro: Festa Pre-Noitevella “RITUAL DO LABREGO TOLO”. Unha festa onde as sorpresas unense á diversión. Malabares, tambores, poesía escénica...
Martes, 31 de decembro: Pasarúas “TROULA ANIMACIÓN”. Festa en rúa para o último día do ano.
Venres, 3 de xaneiro: Clown: “RAMÓN: PASABA POR AQUÍ”. Unha forma interactiva de entender o novo circo.
Sábado, 4 de xaneiro: Malabares “MANUALIDADES”. O máis difícil todavía en mazas, pelotas, coitelos e fogo.