Preto dun milleiro de persoas participarán no XXII concurso de rondallas
Preto dun milleiro de persoas, pertencentes a unha ducia de rondallas da comarca de Vigo van participar o vindeiro 1 de xaneiro no XXII Concurso de Rondallas, que se vai celebrar a partires das 6 da tarde no Pavillón de As Travesas dentro da programación de Nadal que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural.
As rondallas que obteñan os tres primeiros premios no concurso participarán na cabalgata dos Reis Magos, prevista para o 5 de xaneiro, que sairá da Praza do Rei para rematar nas Travesas.
As rondallas participantes recibirán 750 euros. Ademais concederanse un primeiro premio de 2.110 euros: un segundo de 1.810 euros, un terceiro de 1.210 e un premio especial o conxunto de abandeirados, dotado con 300 euros.
O xurado que determinará ós gañadores do XXII Concurso de Rondallas terá en conta a vestimenta, instrumentación, evolución na pista e repertorio musical: e cada grupo participante terá un máximo de 10 minutos para interpretar o seu repertorio.
As Rondallas que se inscribiron nesta edición do concurso, segundo a orde de participación, son as seguintes: Rondalla da AVV San Salvador de Louredo: Rondalla Santa Eulalia de Atios-Porriño: Rondalla de Freixo: Rondalla do Club Amigos de Cabral: Rondalla do Centro Cultural “A Merced” de Chaín: Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia-Mos: Rondalla do Círculo Cultural Abrente de Mos: Rondalla da Asociación Beirán de Matamá: Rondalla da Asoc. Veciños, Consumidores e Usuarios de Beade: Rondalla Juvenil Sampaio: Rondalla do Centro Cultural de Torroso, e Rondalla do Centro Cultural Helios-Bembrive.
Descargar todas as imaxes