O Concello disporá en tres meses do proxecto de musealización da vila romana de Toralla
A Comisión de Goberno decidiu encargar aos arquitectos Fraga, García Quijada e Portolés e Asociados S.L. a redacción do proxecto arquitectónico das obras de musealización da vila romana de Toralla. O equipo de arquitectos ten un prazo de tres meses para entregar o proxecto.
O Goberno municipal pretende afrontar no próximo ano as obras de creación do Museo de Toralla, un centro de interpretación do xacemento arqueolóxico situado a carón da praia do Vao. O estudio de arquitectura deberá elaborar unha proposta na que se incluirán os traballos necesarios para a conservación e restauración do xacemento, seguindo as directrices do arqueólogo da universidade de Vigo, Fermín Pérez, que este verán realizou as excavacións desta vila romana.
O proxecto terá que incluír a construcción dunha plataforma elevada que permita visitar os restos arqueolóxicos. Así mesmo, crearase un edificio de 600 m2 no que se ubicará o Centro de Interpretación do xacemento. Este inmoble estará unido a unha cafetería de 250 m2. O proxecto incluirá tamén o peche perimetral de todo o recinto. O Goberno municipal prevé investir nesta obra 916.069 euros, dos que 54.000 corresponden á redacción do proxecto.